Ruta circular polo concello de Ribeira, doada de percorrer aínda que as marcas non sempre están en bo estado incluso desaparecen nalgunhas zonas. Seguindo o camiño atoparemos lugares moi interesantes dende o punto de vista da natureza, como a Marisma do Carregal e a Dunas de Corrubedo ou o mirador de “A Pedra da Ra” onde temos unhas magnificas vistas tanto do litoral como do Parque Natural do Complexo Dunar; pero tamén desde o punto de vista histórico, como o castro do Monte da Cidade ou dólmen de Axeitos. (Yeyi)